Saturday 18 de May de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


FRAN REI: “SUPERHEROE”.

Domingo 26 de decembro, no Auditorio Municipal, a partir das 19 horas.

Espectáculo incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Entrada de balde. Pódese recoller o convite no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).

Ficha artística:

Elenco: Fran Rei
Dirección: Avelino González
Xéneros: Comedia e maxia
Duración: 50 min
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Narración Familiar

Sinopse:

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.